Preténdese que os alumnos adquiran competencias na identificación de situacións nas que a teoría de probabilidade e os métodos da inferencia estatística son ferramentas axeitadas para a análise cuantitativa de bases de datos xerados na área de bioinformática. Para iso, tratarase de que os estudantes complementen o seu coñecemento dos conceptos básicos de probabilidade e inferencia estatística, obteñan soltura no manexo do software estatístico R, utilizando un gran número de recursos, e que o alumno se introduza na programación nesta contorna. Tamén preténdese que os alumnos se familiaricen cos modelos probabilísticos de procesos estocásticos en tempo discreto e adquiran unha formación básica en técnicas de remostraxe (Bootstrap) como ferramenta para a posta en marcha e avaliación de diferentes algoritmos estatísticos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías