Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A3 B3 B7 B9 C6 Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se exporán definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios expostos e, a presentación e a claridade da exposición realizada.

Poderase ter en conta a actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas.
20
Proba obxectiva A1 A3 B3 C1 80
 
Observacións avaliación

Estudantes con matrícula a tempo parcial: De darse o caso de que non puidesen asistir no horario que lles corresponda ao seu grupo a algunha e as probas avaliables como "prácticas de laboratorio", e sempre que o comunicasen con suficiente antelación, intentarase integralos nalgún dos outros grupos existentes e, en último caso, trataríase de facilitar o cambio da data da proba.