Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B5 B6 B8 B19 C4 C6 C7 Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Valorarase: o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; e a claridade e corrección lingüística.
Para o estudandado de modalidade online valorarase a calidade das achegas nos foros virtuais ou a través doutras ferramentas do Moodle.
30
Portafolios do alumno A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B13 B14 B18 B19 B20 B21 B22 C1 C5 C6 C7 De elaboración individual, recolle as prácticas, reflexións, estudos de casos... arredor dos contidos abordados nas diferentes sesións.
Valorarase: a capacidade de análise e reflexión en relación aos contidos abordados na materia; o grao de profundidade e da argumentación; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización das fontes documentais da materia; e a presentación.
70
 
Observacións avaliación