Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Política social e servizos sociais | Código | 615G01308 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A4 A14 A15 A17 A18 A21 A24 A26 B3 B5 B27 C4 C6 C8 | De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto. Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións. As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega. |
20 |
Obradoiro | A4 B1 B4 B12 B14 | A colaboración e o traballo en equipo son habilidades e méritos a ter en conta, de cara a unha mellor integración e contribución en futuros postos profesionais, que son principalmente en colectivos, tipo empresas, gabinetes, organismos, institucións, oficiñas, etc. De aí que se teña en conta o desenvolvemento, interese, participación e convivencia cos compañeiros por parte do alumnado. | 30 |
Presentación oral | A14 A15 A17 A24 A26 A32 B1 B3 B5 B13 | Aínda que se trate de levar a cabo traballos de carácter colectivo ou integrados dentro dun entorno social determinado, tamén é necesario que o alumnado tome conciencia da súa contribución ao mesmo e saiba reivindicalo e expoñelo. De aí que se avalíe a presentación ao resto da clase dos respectivos traballos e/ou aportacións por parte do alumnado, de xeito individual. | 10 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A1 A4 A14 A15 A17 A18 A19 A21 A24 A26 A30 A31 A32 A36 B1 B3 B4 B5 B11 B12 B13 B14 B27 C4 C6 C8 | O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos das políticas sociais e servizos sociais. Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor. O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar. Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De ahí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.
A non asistencia ao 80% de las clases supón automáticamente que non se pode avaliar mediante este proceso e metodoloxía de claro carácter continuo, pasando por tanto a opción da avaliación mediante a proba ou probas obxectivas contempladas no calendario académico correspondente. Nos casos de realización de prácticas ou outras causas debidamente xustificadas, a porcentaxe necesaria de asistencia para poder ser avaliado mediante o sistema exposto nesta guía docente poderá ser do 60%, sempre e cando se acorde co profesor un seguimiento ou calquer outra forma para suplir as ausencias. A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico; sendo a asistencia, o interese, a participación, as valoracións propia e dos demáis compeñeiros e a exposición oral pública os outros pilares para a avaliación da asignatura. O traballo poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores. Se ben se postula como fórmula ou indicación preferente a realización do traballo de maneira colectiva, en formato obradoiro e nas horas lectivas. Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua. Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que, ademáis dos contidos teóricos explicitados nesta guía e con base na bibliografía tamén exposta, se inclúe un soposto de carácter práctico. O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores. Básicamente, e para dicilo dun xeito sinxelo, trátase de ensinar e aprender esta materia cun plantexamento parecido ou imitando aos lugares de traballo sociolóxico, de maneira que o alumnado desenvolva capacidades de autoxestión e se familiarice con estos procesos, de cara a súa mellor integración e desenvolvemento no mercado laboral. De aí tamén que a figura do profesor se centre máis na orientación, guía, supervisión, corrección e estímulo durante as xornadas de traballo en clase. |