Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Estrutura e cambio social de Galicia | Código | 615G01412 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | O curso comeza cunha exposición dos temas que compoñen o temario e coa asignación/elección dunha pregunta de traballo para cada estudante. Nesa mesma actividade inicial teráse que dar resposta e será un primeiro punto de partida para á metodoloxía "Solución de problemas" |
Lecturas | O/a estudante terá que manexar únicamente 4 lecturas (como mínimo, como máximo poderá empregar as que desexe) curtas e sinxelas ao longo do curso. Unha delas (a elexir pola/o estudante segundo sexa a súa pregunta inicial) traballaránse en "Solución de problemas". As outras formarán parte do "Seminario" |
Seminario | Consiste na posta en común e debate das lecturas comúns, e na exposición de cada un dos textos particulares. |
Solución de problemas | Cada pregunta de traballo implica afondar nun tema determinado (identidade, língua, participación política, etc.). Por exemplo: "Estáse a diluir a identidade galega na española?" ou "Como está inserida Galicia na sociedade da información?" ou "Son os/as galegas/os conservadores políticamente falando?". En función da pregunta, requeriráse un tipo concreto de información, quer de carácter cuantitativa, quer cualitativa, que o/a estudante terá que acadar para achergar a súa resposta. O traballo de acadar e analizar esta información será unha parte importante do curso. |
Presentación oral | Serán dúas presentacións orais. Unha, a correspondente á lectura particular (capítulo dun libro) que desenvolve cada un dos subtemas. A segunda, a final de curso, cando o/a estudante expoña ante os demáis a resposta á súa pregunta de traballo. |