Metodoloxías Descrición
Obradoiro Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico (en grupo) cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora.
Investigación (Proxecto de investigación) Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) en soporte CD.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
Traballos tutelados Creación dun relato (grupo) únicamente a partir de recursos sonoros (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B)
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia. Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse as sesións maxistrais para a posta en común destas tarefas e a súa corrección colaborativa.