Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA NAS ALTERACIÓNS ESTÁTICAS E DINÁMICAS DO RAQUIS | Código | 651G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Esta metodoloxía permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, exploracións, realización de probas de valoración clínica. O laboratorio ofrece unha excelente oportunidade para aprender mentras se fai, e para adquirir competencias técnicas, metodolóxicas, sociais e participativas. As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Fisioterapia Especial (2ª planta). O grupo de alumnos/as matriculados/as na asignatura distribúese a sua vez en 6 grupos, cada un dos cales recibirá 2 horas de prácticas de laboratorio semanalmente (ver calendario académico para a distribución dos grupos). O alumno/a debe asistir ás mesmas con pixama clínico e, bañador ou roupa deportiva similar. Estas prácticas correspóndense ós temas 1 e 2 do temario. |
Sesión maxistral | As clases teóricas (sesión maxistral) serán impartidas na aula nº 2 (planta sótano). Correspóndense ás clases programadas no calendario académico como docencia teórica. Manexaranse presentacións power-point, e diferente material clínico que se exporá na clase. |
Estudo de casos | O/A alumno/a deberá realizar un traballo correspondiente ó tema 1, sobre o protocolo de exploración da postura e o movemento. Búscase a través desta actividade promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. O/A alumno/a terá que realizar esta actividade en colaboración con outros 2 compañeiros (grupos de 3 alumnos/as) a partir da composición dos grupos das clases prácticas. É obrigatorio a sua presentación para asistir ó exame. Entregar en formato power-point, identificando o traballo co nome dos 3 alumnos/as: primeiro apelido e nome (de cada un dos compoñentes) nun pen-drive. Débense recoller os resultados da exploración subxetiva, inspección, probas da plomada, medición das curvas fisiolóxicas, comprobación do efecto dun alza (si procede), así como da valoración dinámica dorsolumbar. - Exploración subxetiva: incluirase unha descripción da anamnesis do alumno/a explorado/a según guion dado en clase. - Un mapa corporal coa representación da línea da plomada, e símbolos das principais alteracións estáticas do plano frontal e saxital. Deben incluirse os resultados da prueba da plomada e da inspección en ambos planos. Adxuntarase descripción das alteracións mais relevantes observadas. Poderá utilizarse o apartado de notas do power-point para añadir información complementaria. - Os resultados da valoración da amplitude das curvas do plano saxital. - Os resultados da medición de xibas (si procede). - Video das probas dinámicas da rexión dorsolumbar: a) movilidade global a nivel dorsolumbar adxuntando lenda coa interpretación dos resultados de ditas probas b) resultados dos test de control do movemento da rexión lumbar e dorsal Integrarase en dito traballo os resultados obtidos sobre a valoración da composición corporal impartidos na asignatura de Cinesiterapia: bases do exercicio terapéutico. Os/as alumnos/as exporán en clase práctica os seus traballos, a semana anterior a semana santa. |
Análise de fontes documentais | O/a alumno/a deberá utilizar unha relación de documentos (escritos e de tipo audiovisual) que contribuirán a identificar a práctica basada na evidencia e reforzarán a adquisición de habilidades a desarrollar durante o obradoiro. |
Obradoiro | Durante a realización do obradoiro o profesor estará presente na aula/laboratorio e guiará o/a alumno/a na adquisición de habilidades motoras. A ventaxa desta metodoloxía radica en que é o/a propio/a alumno/a o que vivencia a experiencia de ser guiado na execución dun programa de exercicio terapéutico o que facilita a identificación dos obxetivos e da metodoloxía de aplicación do exercicio terapéutico. Esta actividade práctica reforzarase a sua vez coa realización simultánea doutras actividades tales como o análise de fontes documentais. Llevarase a cabo durante o horario programado para a docencia interactiva. Os/as alumnos/as dividiranse en 3 grupos. A asistencia ó obradoiro é obrigatoria. |
Proba práctica | Véxase apartado de Avaliación |
Proba mixta | Véxase apartado de Avaliación |