Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | LEXISLACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIA | Código | 651G01029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral do temario obxecto da materia complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes |
Aprendizaxe colaborativa | Realizarase un traballo ao longo do cuadrimestre de maneira continuada. Basearase na realización, mediante grupos, dunha análise en profundidade dunha serie de noticias/documentos seleccionados polo profesorado ou, no caso exclusivo do alumnado que asiste a clase, dun libro, película, etc a seleccionar polo grupo, en relación ao temario da materia. Deberá seguirse o esquema que se presentará en clase e colgarase en moodle. |
Prácticas de laboratorio | Análise da normativa sanitaria e elaboración distintos procedementos, documentos ou tarefas administrativas ou de carácter normativo-legal. |
Proba mixta | Consistirá en preguntas tipo test. Haberá ademais unha pregunta de desenvolvemento. |
Actividades iniciais | Ao comezo do curso presentarase a materia coa totalidade de actividades a desenvolver, constituíndose os grupos de traballo e asignando as tarefas en cada un deles. |
Debate virtual | |
Presentación oral | Realizarase unha exposición por cada grupo da análise realizada sobre un documento gráfico-visual e será discutido críticamente co profesor e o resto dos grupos. |