Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica. currículo e organización escolar | Código | 652603001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Establécense unha serie de documentos de lectura obrigatoria que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se estudarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá realizar a análise destes diferentes documentos en pequeno grupo e grupo aula. Durante o transcurso da materia proporanse 5/6 actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado, para o cal se atenderá ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise entregaranse nas datas que a profesora indique previamente e quedarán dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle. |
Portafolios do alumno | O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que enmarque os documentos de síntese das 5/6 actividades de aula nunha reflexión fundamentada e argumentada nos documentos de referencia da materia así coma noutros que o alumnado e a profesora consideren oportunos. Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios. A realización de dito portafolios iniciarase na aula e será completado mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. O portfolio resultante será entregado na data que a profesora indique previamente e quedará dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle. |
Proba mixta | A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de carácter computable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados ao longo da materia. |
Sesión maxistral | Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |