Análise de fontes documentais |
A1 A6 A8 C6 C8 |
Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A5 A6 A8 A10 C3 C4 C7 C8 |
Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. |
30 |
Presentación oral |
A1 A6 A10 A14 C4 C6 C7 C8 |
Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. |
10 |
<p> A asistencia ás clases é imprescindible. O límite de asistencia mínimo é do 80%. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesor para a súa oportuna e axeitada consideración. As faltas de asistencia puntuais non precisan ser xustificadas mentres non excedan o 20% do total. Os traballos individuais, entre os que se considera a proba de ensaio terán un valor do 60% na nota final. Os traballos realizados en grupo un 40%. Para aprobar a materia é necesario ter superados positivamente os dous apartados. A proba de ensaio consistirá nunha pregunta aberta. Para a súa realización cada alumna ou alumno poderá empregar o material que considere máis oportuno. O valor deste exercicio sera de 3 puntos o que supón o 50% do total da nota dos traballos individuais, é dicir, un 30% da nota final.</p>
|