Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Educación inclusiva e multicultural | Código | 652G01011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
- Situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural mediante o racismo, o etnocentrismo, a dominanción lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. | A1 A13 |
B3 B17 B20 |
C6 C8 |
O alumnado: - Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. | A8 A28 |
B11 |
|
- Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutábeis, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. | A19 A26 |
B16 |
|
- Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro. | A14 A21 A32 |
C4 |
|
- Comprenderá, analízará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe. | A12 |
B24 |
|
- Iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. | A5 A9 |
B5 |