Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Educación de menores en desprotección e conflito social | Código | 652G03016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 | Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá os rexistros ou materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre. Inclúe o traballo realizado: notas de clases, tarefas desenvolvidas, mapas conceptuais, dificultades atopadas, valoracións, etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. | 30 |
Estudo de casos | A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 | Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social. As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoración. |
10 |
Proba mixta | A2 A3 A5 A8 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe ao remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Atendendo á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións: OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (>80%): a) Elaboración dun portafolios grupal no que se recollerán as prácticas propostas, así como aquelas actividades relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativasaos grupos de discusión e as sesións maxistrais (30%). Incluirá asemade a proposta de proxecto educativo (10%). Total:40%. b) Exame sen material sobre os contidos da materia (60%). OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (<80%): a) Proba mixta sobre os contidos da materia (80%) b) Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica e que será acordado coa profesora durante o mes de marzo para a convocatoria de xuño e no mes de abril para a de xullo (20%). En calquera das opcións é preciso obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. Asemade nas probas escritas é preciso contestar, cando menos parcialmente, a todas as cuestións formuladas. En caso contrario a cualificación será de Suspenso. O alumnado con recoñecemento oficial de |