Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum II | Código | 652G03032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 30 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da educación social e os labores inherentes a eles. Así, accións como identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa, detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos ou desenvolver disposicións favorables ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües etc. serán motivo de atención e titorización do alumnado polos respectivos titores/as. Enténdese que a inserción laboral é un campo con presenza nos distintos ámbitos profesionais da educación social. De igual maneira, será de interese garantir a presenza do/a educador/a social en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional. |
Ademais, o Practicum II establece como contido o deseño, a implementación e avaliación de proxectos, programas e servizos, no marco dos ámbitos socioeducativos nos que se desenvolva: 1.Menores (desprotección e conflito social) 2.Diversidade funcional (Discapacidade) 3.Dinamización social – cultural –educativa 4.Drogodependencias 5.Mulleres. Políticas de igualdade 6.Educación ambiental 7.Inmigración e educación para o desenvolvemento 8.Educación de persoas adultas / centros para maiores 9.Servizos sociais |