Portafolios do alumno |
O portafolio do estudante constará de duas partes:
1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura.
2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais. |
Seminario |
Realizaránse dous seminarios previos á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais. |
Prácticas clínicas |
As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades medico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaránse en circuitos integrados para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación.
|