Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum | Código | 661G01032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 24 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa ou rotatoria. |
Portafolios do alumno | O Portafolios contén o rexistro realizado polos estudantes durante o período de práctica clínica. Cunha extensión máxima de 7 páxinas. Constará dos seguintes contidos : 1. Memoria de Prácticas, integrada polos seguintes documentos: - Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas. - Autoavaliación do estudante 2. Diario Reflexivo de Prácticas, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais. |
Seminario | O estudante elixirá un procedemento, protocolo ou técnica que se realiza na unidade de prácticas para analizalo segundo as seguintes premisas: Descrición, obxectivos e material necesario (de ser o caso). Fundamento científico dos distintos pasos ou actividades das fases de execución, valoración e avaliación. Avaliación crítica segundo a evidencia científica dispoñible. Será presentado de xeito oral con apoio audiovisual entre un grupo pequeno de estudantes. As datas especifícanse no cronograma de traballo da materia. |
Estudo de casos | O estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación: Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso. Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados. Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo. O traballo sobre o caso clínico enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificará, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira, dependendo da unidade na que se realicen as Prácticas. |
Actividades iniciais | Actividade que ten lugar antes do inicio das prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula para o grupo completo de estudantes na que se especificarán as metodoloxías para o correcto desenvolvemento da materia, así como o sistema de avaliación. Asi mesmo, cada profesora realiza a presentación ó grupo asignado para aclarar aspectos relativos a actividade segundo se realicen as prácticas clínicas en atención especializada ou atención primaria. |