Presentación oral |
A13 A33 B4 C1 |
Presentación oral dos traballos tutelados. |
10 |
Os alumnos elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación
continua ou non continua. No caso de que o alumno elixa a avaliación
non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota
final calcularase da forma seguinte: - Avaliación continua:
como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (50%),
contidos dos traballos tutelados (40%) e exposición oral dos traballos tutelados (10%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou
superior a 5 puntos para facer media co resto.
- Avaliación non continua:
exame final (100%), contidos do traballo tutelado (0%) e exposición oral
do traballo tutelado (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou
superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se
poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avaliación continua.
Ademais, para aprobar a materia, Intermediación I ou II ou Comercialización, todos os alumnos deberán pasar un período de formación práctica de dous meses nunha empresa de intermediación. Estas prácticas poderán desenrrolarse ao longo do segundo, terceiro ou carto curso de xeito indistinto.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, solicitada oficialmente á EUT-CENP poderá facer o exame final (100%) e para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Ese alumnado terá a convocatoria de xullo como segunda oportunidade (100%). Igualmente, para aprobar, terán que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos.
|