Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | ANÁLISE E DESEÑO DE ESTRUTURAS E CONSTRUCIÓNS INDUSTRIAIS | Código | 730G04069 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A14 A20 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 | A parte de construcións industriais se evaluará en función dun traballo de curso que implique a aplicación de todo o conxunto de coñecementos desta parte da asignatura. Este traballo tutelado avaliaráse en función do traballo realizado polo alumno. O profesor asignará unha nota según o grao de coñecemento e aprendizaxe que mostre o alumno, evaluado a partires das preguntas e cuestíóns que o profesor lle plantexe. Ademáis, valoraráse a calidade dos traballos entregados, tanto no seu aspecto técnico, como formal. |
25 |
Proba obxectiva | A1 A2 A14 A20 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 | A parte de estruturas se evaluará mediante un exame onde o alumno resolverá os problemas plantexados polo profesor. | 75 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a parte de construcións industriais mediante este sistema (traballo de curso) é necesario asistir a un mínimo do 90% das clases desta parte da materia. Os alumnos con imposibilidade para asistir a estas clases deberán defender o seu traballo de curso, momento en que o profesor realizará preguntas sobre o seu traballo relacionadas co temario, para analizar ata que punto asimilou os conceptos do mesmo. Os alumnos que teñan algún tipo de imposibilidade para realizar o devandito traballo, polas causas que sexa, deberán examinarse desta parte da materia, nas datas oficiais de exame establecidas pola EPS; esta proba obxectiva supoñerá o mesmo porcentaxe da nota final que o traballo de curso (25%). Nesta parte da materia o profesor poderá realizar, en determinadas ocasións, un seguimento do aproveitamento das clases por parte do alumno, por medio dun test curto, a realizar con mandos a distancia ou en papel. Este seguimento terase en conta á hora de establecer a nota final, nunca para baixar a nota, pero si para subila. Para aprobar a materia o alumno debe superar as dúas partes da materia (estruturas / construcións industriais). |