Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Química | Código | 730G05004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C6 | Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe, participación activa nas mesmas. Interese e actitude do alumno. | 5 |
Proba obxectiva | A4 B1 B2 B5 B6 | Aproximadamente na metade do cuadrimestre, realizarase un primeiro exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un segundo exame parcial (teoría e problemas) para os alumnos que superasen o primeiro parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os alumnos que non se presentaron ou non aprobasen o primeiro exame parcial. Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas: - teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5 puntos. - problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1 punto. |
70 |
Solución de problemas | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 | Resolución dos boletíns de exercicios e participación activa na aula. Interese e actitude do alumno. | 15 |
Traballos tutelados | A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C2 C3 C6 | Realización en grupo e exposición na aula dunha actividade dirixida. Realización dunha actividade individual. Interese e actitude do alumno. |
10 |
Observacións avaliación | |||
- Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame, haberá que alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.
- Para poder ter os 1,5 puntos correspondentes á participación en clases de problemas, os alumnos deberán resolver na aula dous exercicios de boletíns non correlativos de materia do primeiro parcial da materia e dous exercicios de boletíns non correlativos de materia do segundo parcial da materia. - Aqueles alumnos que realizasen e superasen as prácticas de laboratorio da materia en cursos anteriores poderán decidir se as fan novamente ou non. En caso de non repetilas, manteráselles a cualificación obtida no seu momento. - As cualificacións correspondentes á participación en clases de problemas e á realización de traballos tutelados non se mantén dun curso a outro. |