Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos de Enfermaría | Código | 750G01107 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral realizada na aula por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios. |
Seminario | Traballo en grupo a través da participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados coa profesión, as súas funcións, os Modelos de Enfermaría así como as Necesidades Básicas do ser humano e a posterior elaboración dun documento de análise e síntese sobre estes. O material básico necesario facilitarase durante o desenvolvemento destes. |
Lecturas | Afondamento na materia mediante textos de diferentes fontes documentais escollidos e seleccionados previamente polo profesor. |
Estudo de casos | Estudo, resolución e posta en común ante determinadas situacións de saúde/enfermidade mediante a utilización da metodoloxía científica enfermeira (proceso de atención de enfermaría). Como sistema de avaliación levará a cabo unha proba escrita onde o alumno deberá demostrar o coñecemento da aplicación da metodoloxía científica a través da resolución dun caso hipotético. |
Traballos tutelados | Proceso de lectura e análise do contido de libros, artigos, páxinas web... relacionados coa historia dos coidados de Enfermaría. Ao longo deste proceso formativo tutelado polo profesor fomentarase a aprendizaxe independente dos estudantes, finalizando coa entrega e defensa dun traballo. |
Proba oral | Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas curtas ou de certa amplitude onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. |
Proba de ensaio | Proba escrita sobre os contidos do programa onde o alumno deberá responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento. |