Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión dos riscos ergonómicos | Código | 760482014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais enfocaranse por dúas vías: 1ª) O profesor introducirá temas para o seu desenvolvemento posterior mediante a metodoloxía complementaria da aprendizaxe colaborativa. 2º) Tentarase traer algunha persoa invitada experta en cuestións relativas ao temario da materia para desenvolver a sesión a xeito de conferencia. |
Análise de fontes documentais | Ao longo do curso desenvolveranse varios traballos, en modalidade individual e grupal. O traballo individual consistirá polo menos en parte na análise de fontes documentais. Tamén será necesaria a aplicación desta técnica na preparación dos traballos grupais. |
Presentación oral | Os traballos grupais serán expostos na clase debendo participar na súa presentación todos os membros do grupo. |
Aprendizaxe colaborativa | Esta é a metodoloxía principal no desenvolvemento do curso, e consistirá na formación de grupos o máis diversos posibles en canto a formación previa, para a preparación de diversos temas, especialmente métodos de avaliación dos riscos ergonómicos. Os materiais a emplear están dispoñibles na plataforma Moodle, e ademais hai libertade para propoñer e usar outros. Esta técnica supón que cada un dos membros dun grupo debe asumir (entre outros) o rol de formador dos demais. |
Proba obxectiva | Será unha proba escrita a realizar ao final de curso, a modalidade será preferentemente tipo test, aínda que non é descartable outro tipo de preguntas. |