Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A14 A16 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C2 C4 C5 C6 C8 Avaliación continua por parte do(s) director(es) de todo o proceso de realización do TFG, tendo en conta os diferentes elementos indicados na correspondente plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do(s) director(es) do traballo.
50
Presentación oral A24 B7 C1 C3 O tribunal valorará a presentación oral e a defensa do traballo presentado, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da presentación oral representa o 17.5% e a defensa e discusión dos resultados representa o 15%
32.5
Traballos tutelados A1 A14 A16 A24 B2 B3 C1 C2 C3 C6 C8 O tribunal valorará a calidade final da memoria presentada, de acordo cos distintos elementos indicados na plantilla de avaliación elaborada para tal fin.
O 50% da cualificación final do TFG corresponde a avaliación do tribunal, na que a avaliación da memoria escrita presentada representa o 17,5%.
17.5
 
Observacións avaliación

É necesario ter superados 225 créditos do Grao (todas as materias excepto o TFG) para que o alumno poda entregar a
memoria e realizar a defensa do TFG.

As instrucción relativas á presentación dos TFG figuran como Anexo IV do Regulamento dos TFG dos títulos de Grao xestionados pola Facultade de Ciencias.

Como norma xeral, o estudantado defenderá o TFG presencial e publicamente. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo, sen sobordar os 15 minutos, do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal.

A cualificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do tribunal. Unha vez realizada a exposición e defensa do TFG, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde, tendo en conta a avaliación outorgada polo director do traballo. Os criterios do tribunal faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal.

A cualificación outorgarase segundo o sistema establecido pola normativa da UDC.

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.

No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC.

A matrícula da dereito ao alumno a
presentarse,exclusivamente, as dúas oportunidades fixadas en cada curso
académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC.

No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordó entre titor e estudante, e así o solicite o estudante.

RECOMENDACIÓNS DE ESTILO DA
MEMORIA:

· Tipo e tamaño de letra: Times New Roman 12
puntos / Arial 11 puntos (ou similares)

· Marxes: superior/inferior: 2,5 cm; esquerdo/dereito:
3 cm

· Interlineado: 1,5

· Separación entre parágrafos: 12 puntos

· Extensión da memoria: mínimo 35 páxinas-
máximo 50 páxinas (incluindo anexos) ou mínimo 10.000 palabras – máximo 12.000
palabras (esta cifra correspondese con unhas 40-45 páxinas con certa carga gráfica).

· Portada:

-
Logotipo
da Universidade da Coruña.

-
Facultade
de Ciencias.

-
Grao
correspondente.

-
Título
do traballo nos 3 idiomas (castelán/galego/inglés)


Nome
dos directores.


Nome
do autor do traballo.

-  Data da convocatoria á que se presenta.