Discusión dirixida |
Dinámicas de grupo en relación a casos, situacións ou escenarios. Valorarase i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a relevancia e interese das contribucións realizadas ó debate. |
Traballos tutelados |
Traballo de campo en relación ó uso de TIC polas empresas da nosa contorna económica: busca de información, análise das evidencias recopiladas, e elaboración de informe cos resultados e conclusións. Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición. |
Análise de fontes documentais |
Busca de bibliografía e fontes de información relevantes, lectura e análise do seu contido. |