Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A10 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Elaboración dunha memoria ou proposta de posibles actuacións e solucións a acometer para dar resposta os problemas que plantexe o destinatario do servizo, debidamente razoada. Este traballo realizarase en grupo -o número de integrantes será determinado polo profesor ao comenzó do curso, en función do número de participantes. 20
Proba de resposta múltiple A8 A11 C1 Test de resposta multiple individual: 20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas segúndo a taboa que acompañará ao examen. 40
Proba oral A7 A11 B2 B3 B4 B7 C1 Proba na que o alumno, de forma oral, debe dar resposta a preguntas cortas ou de certa amplitude, para desta maneira valorar os seus coñecementos así como a súa capacidade de razoar (argumentar, relacionar, etc.) as preguntas ou problemas plantexados. Os contidos ou materia que entra nestas probas orais é acumulativo, entrará o visto ata a semana anterior a proba. 40
 
Observacións avaliación
AVALIACIÓN GRADO ADE
Para superar a asignatura é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 puntos na valoración global (Nota global=40%puntuación obtida na proba de resposta múltiple +40% nota obtida na proba oral +20%nota obtida no ApS ou proba equivalente).
A proba de resposta múltiple, cuxa data está fixada no calendario oficial de exames da Facultade, establece unha condición necesaria -ainda que non suficiente- de cara a superación da asignatura. Para poder integrar a avaliación continua (probas oral,e ApS) no computo da avaliación final da asignatura e necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final.En caso de que non se acaden 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple e con independencia das notas obtidas na avaliación continua, o alumno terá un suspenso cuxa nota será a que obtuvese no examen.

Con relación a proba oral, cada alumno ao longo do curso terá varias intervencións -o número de intervencións non está fixado de antemán- e cada unha desas intervencións terá o mesmo valor e recibirá unha puntuación de ben, mal ou regular. Por exemplo se se levaron a cabo 4 intervencións ou probas, cada unha delas suporía un punto se se fai ben, 0.5 se se fai regular e 0 se se contesta mal. Estas probas comenzarán a partires da segunda semana do curso, en poderán ter lugar calqueira día da semana que estime o profesor, sen necesidade de previo aviso, y en cada sesión intervendrán varios alumnos chamados polo profesor. En caso de que o profesor chame a un alumno e este alumno non se atopara na aula -salvo causa xustificada- recibirá unha puntuación de cero.

Con relación o ApS, esta proba non vai a estar disponible ou podérselle ofrecer a tódolos grupos por motivos de imposibilidade por parte da empresa destinataria do servicio para poder atender a todos os alumnos. Desta forma a principios do curso, o profesor establecerá qué grupos van da ter que facer o ApS e para o resto de grupos se establecerá unha proba sustitoria do ApS, pero coa mesma puntuación que o ApS. Dita proba sustitutoria consistirá na elaboración dun traballo teórico sobre algunha das teorías que se van a ver no curos, teoría de axencia, costes de transacción ou dereitos de propiedade, e a ser posible, que recolla unha aplicación destas teorías a algún problema empresarial. Dito traballo será tamén realizado en grupo ao igual que o ApS.

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA
A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso este alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeitos posibilitar a realización da súa avaliación.


CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro,a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos cos da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida se arrastra para formar a nota final.

AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO)
Na dobre titulación (ADE+Dereito) os criterios así como as probas de avaliación será os que fixe o profesor desta asignatura e que lles comunicará os alumnos o día da presentación da asignatura.