Sesión maxistral |
Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tratará de familiarizar ao estudante coa crítica textual abordando de maneira sintética os aspectos e problemas que descoñece; a tal efecto, procurará ofrecer panorámicas xerais de carácter introductorio, que se completarán con bibliografía. Para que o alumnado se implique nestas sesións, buscarase a súa intervención (preguntas-respostas, interpelacións...). |
Obradoiro |
Combinación de diversas metodoloxías e probas (practicas guiadas, solución de problemas, estudo de casos, debates, discusións dirixidas, probas de completar, etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas aplicando os coñecementos adquiridos sobre distintos aspectos do programa, sempre co apoio e supervisión da profesora. Nalgún caso, pode solicitarse que cumplimente algún exercicio ou tarefa na casa para traballalo posteriormente na aula. Unha ou máis desas tarefas poderá(n) ser collidas pola profesora para a avaliación. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Aproveitaranse os recursos e medios dispoñibles. Así, os alumnos visitarán o Arquivo do Reino de Galicia co obxecto de achegalos de modo directo e práctico á materialidade do libro e ao sistema de catalogación e arquivo. Alén diso, aproveitarase tamén algunha das conferencias sobre edición de textos e crítica textual das que se planifiquen para o curso 2017-2018 no Grupo de Investigación Hispania. |
Proba mixta |
Ao final do curso, na data fixada pola Facultade, o alumno realizará unha proba dedicada a verificar a adquisición das competencias da materia, para o cal se lle plantexarán preguntas e exercicios de diverso tipo. Se requerirá, ademáis, que alcance un nivel de expresión acorde co dun posgrao universitario. |