Metodoloxías
Lecturas
Obradoiro
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
O alumno poderá, sempre que sexa preciso, requerir a atención personalizada da profesora, tanto para resolver dúbidas xurdidas na preparación da proba mixta, como nas sesións dedicadas ao obradoiro ou nas lecturas, mais nunca pode suplir as explicacións que non ten seguido por se ausentar da aula inxustificadamente. No que atinxe á realización do traballo, deberá acudir a titorías na primeira fase para presentar o guión, mais despois é recomendable que consulte as dúbidas ou problemas que se lle planteen no proceso de elaboración.