Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A10 B7 Valorarase a capacidade de investigación literaria do alumno en función da análise crítica do tema obxecto de estudo, o razoamento ordenado da exposición, as referencias pertinentes a bibliografía,e tc. 50
Obradoiro A1 A4 A10 A8 A12 B7 B8 C3 C5 C8 Valoraranse os traballos realizados na aula, sempre que se fagan cos criterios establecidos e se demostre capacidade crítica. 50
 
Observacións avaliación

Recibirán a cualificación de "Non Presentado" aqueles alumnos que non entreguen o traballo tutelado.

Na segunda oportunidade, gardaranse as notas de todolas actividades superadas. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio a diversidade, o profesorado responsable poderá adoptar as medidas que considere oportunas para non perxudicar ao alumno.