Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os alumnos terán que facer un traballo tutelado sobre algún aspecto ou lectura da materia. Baixo a tutela da profesora que ofrecerá información bibliográfica e asesoramento, os estudantes realizaran un traballo escrito de unhas 10 páxinas de extensión.
Seminario A materia presentarase en seminarios, coa finalidade de chegar ao estudo intensivo do tema mediante a lectura, discusión, a participación, a elaboración de documentos e conclusións.
Lecturas Mediante a lectura de textos e documentación escrita profundizarase nos contidos.
Presentación oral Será preciso realizar unha presentación oral dos traballos tutelados, na que os alumnos demostren a sua oratoria, capacidade de síntese e análise, e dominio das técnicas de presentación oral
Análise de fontes documentais Procura, lectura e análise de fontes primarias e secundarias que nos permitan obter información sobre a recepción da literatura, os procesos, mecanismos, etc.