Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A8 B5 B6 C4 Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Discusión dirixida A3 A2 B7 B8 C3 C5 Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados A14 B4 C2 C6 C8 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. 30
Lecturas A13 A5 A9 Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas. 20
Presentación oral A12 C7 Correspóndese com os resultados e procedimentos do traballo tutelado e, eventualmente, coa estrutura e os contidos principais dos textos atribuídos para a leitura analítica por parte do alumno/a.
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación do seminario será feita de forma continua. Nela serán
levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar
correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as
competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe
colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos
fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio
das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas
fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Non será posíbel
superar o seminario sen a realización satisfactoria do traballo
tutelado.

O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica
realizará ou entregará as actividades indicadas nunha data concertada
previamente co docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as
mesmas actividades que o restante e, se non puider asistir ao
atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo
electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique
imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado
da materia.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
terá de contactar previamente co docente responsábel polo seminario e,
para o superar, realizar aqueles traballos tutelados (5 valores) e
aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados.

Se houver criterios específicos de avaliación
para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente
disponibilizados polo profesor responsábel através do Moodle e/ou
expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas
instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das
actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo.
Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán
realizar satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na
oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren
agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.