Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega Contemporánea 2 | Código | 613G02036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas. |
Lecturas | O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias antes da sesión correspondente. As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas. |
Proba mixta | Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
Presentación oral | Presentación oral individual dunha ou varias obras incluídas nos contidos da materia, seleccionadas entre a profesora e cada estudante no inicio do curso. Nalgún caso, e previa á exposición na aula, o/a alumno/a terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Sesión maxistral | Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso. |