Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A3 A7 A8 B2 B6 B7 B13 B14 B19 C1 C4 C5 Valorarase: calidade da descrición e grao de profundidade na análise da realidade; calidade técnica (identificación das necesidades; formulación dos obxectivos, proposta metodolóxica) e inclusiva da proposta de IAP (detallada, viable, innovadora, coherente coas necesidades detectadas); apoio en fontes documentais complementarias e actuais; uso dunha linguaxe propia do contexto académico e científico; aspectos formais relativos á calidade da presentación.
80
Discusión dirixida B1 B12 B14 B18 C4 C5 C6 C7 Valorarase a participación nas sesións de aula e nos foros virtuais, no que respecta a: o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística. 20
 
Observacións avaliación

Na medida do posible, o traballo final farase en coordinación coa materia Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais. As instrucións e detalles a este respecto serán presentadas na plataforma Moodle por parte dos equipos docentes das dúas materias.