General description |
A asignatura Actividade Física no Medio Natural, pertencente ao módulo 5 “Ensino da Educación Física” do título de Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, introduce ao estudante ao coñecemento daquelas actividades que, con carácter educativo, recreativo, deportivo ou turístico, teñen lugar en espazos abertos o aire libre ou escasamente modificados pola man do ser humano.
As actividades na natureza representan desde a orixe da educación física un recurso relevante como instrumento para o desenvolvemento integral das nenas e nenos, como así se pode observar no propio Manifesto da Educación Física en 1970, cando fai referencia ao concepto xeral da Educación Fisica como “parte da educación que utiliza de unha maneira sistematica as actividades físicas e a influencia dos axentes naturais: aire, sol, auga, etc., como medios específicos”. Acomodada esta conceptualización a unha contexto deteminado, revísase a súa visión no manifestó do ano 2000, no que a Educación Física conéctase co resto de elementos e cuestións universáis, como o medio ambiente e a súa problemática, intríncandose para establecer unha íntima relación que chega ata os nosos días. Así póis, o séu capítulo XIX versa integramente sobre a Educación Física e as responsabilidades ante o medio ambiente. Así pois a Educación Física benefíciase dos ambientes naturais, e ao mesmo tempo a través de esta o considera e trata de melloralo, como movemento coherente coa Axenda 21.
Deste xeito, hoxe en día estas prácticas forman parte do curriculum da Educación Física como asignatura, contribuíndo ademáis ao aprecio pola natureza e ao desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica.
Por outra banda, tamén se aprecia un incremento das prácticas deportivas no medio natural no ámbito recreativo, deportivo e turístico desde fináis do século XX; corrente que se mantén na actualidade, reflexada nas abundantes referencias científicas, de divulgación, regulacións, plans de formación, etc, ao que a formación de una graduada ou grado en ciencias da actividade física e o deporte non pode ser allea.
Así pois, as prácticas deportivas no medio natural, polo seu vínculo coa actividade física representan un área de desenvolvemento profesional importante no que desenvolver a súa labor as graduadas e graduados en ciencias da actividade física e o deporte.
Fruto de todo isto, o título de Grao recolle, a través das competencias A16, A17 e A21, o deseño, planificación, programación e realización de actividades físicas e deportivas nos medios naturais, que se convirten de este xeito na referencia principal para o desenvolvemento desta guía docente.
|