Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita sobre os contidos do curso polo profesor de teoría.
Solución de problemas Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia.
Prácticas a través de TIC O alumnado realizará unha serie de prácticas en PC utilizando o software de simulación de circuítos electrónicos LTspice.
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica traballando cunha placa de demostración.
Sesión maxistral Exposición didáctica, usando diapositivas e pizarra, dos contidos teóricos da materia.
Proba de resposta breve Proba obxectiva de resposta curta para a avaliación dos contidos desenvolvidos nas sesións prácticas de laboratorio e das habilidades adquiridas polo alumnado no manexo da instrumentación electrónica.