Metodoloxías
Proba obxectiva
Proba mixta
Seminario
Descrición
Para a preparación das diferentes probas, o estudantado disporá dalgúns dos seguintes medios de comunicación co profesor:
- Correo electrónico do profesorado.
- Titorías persoais no despacho (no horario de titorías que estableza o profesor, a consultar na páxina web da UDC ou na aplicación de xestión de grupos e horarios da facultade).
-Seminarios en grupo pequeno (titorías de grupo).
Ademais, tamén será posíbel a realización de titorías en datas e horas diferentes ás establecidas, previa solicitude por parte do estudantado. Esta medida facilita a atención personalizada a estudiantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial.