Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Réxime Fiscal da Empresa I | Código | 650G01011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A5 A20 B7 C3 C6 | Prácticas na aula de informática utilizando os programas de axuda da AEAT. O alumno terá que resolver distintos exercicios que serán avaliables, incluirase unha declaración do IRPF co programa de axuda da AEAT. Exercicios que deberán entregar á profesora. | 10 |
Proba obxectiva | A3 A7 B1 B3 B4 B5 C1 | É un exame escrito que constará de dous partes: unha parte teórica e unha parte práctica de liquidación de impostos. A cualificación da proba farase sobre 10 puntos, que será o resultado da valoración conxunta das dúas partes , sendo necesario alcanzar un mínimo en cada unha delas (2,5 puntos). | 70 |
Solución de problemas | A1 A2 A7 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A20 A23 B2 B6 B11 B12 B13 C2 C7 | Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar o alumno á profesora. | 20 |
Observacións avaliación | |||
O exame escrito realizarase nas datas fixadas polo centro á finalización do primeiro cuadrimestre e no mes de xullo. Dita proba obxectiva cualificarase sobre un máximo de 10 puntos. A cualificación obtida ponderarase polo 70% para formar a cualificación global da materia.Tanto a entrega de exercicios e supostos de liquidación resoltos polo alumno como a de traballos farase nas datas que estableza o profesor, pero sempre do período lectivo do primeiro cuadrimestre. Non se admitirán traballos fóra deste prazo, pero no caso de presentalos a súa cualificación manterase para a segunda oportunidade do mes de xullo. No mes de xullo só se realizará o exame escrito, non se admitirán a presentación do resto de probas que teñen que realizar Tal como establece o acordo marco para a elaboración das guías docentes da Facultade de Economía e Empresa:- Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Oportunidade adiantada e segunda oportunidade:os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. |