- O mestrado ten carácter presencial. O alumnado que por motivos comunicados á profesora ao inicio do
curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas
teña unha asistencia inferior ao 80% deberá realizar e entregar o traballo tutelado, así como as actividades que a docente considere, de modo
individual no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado. Este traballo suporá o 20% da súa cualificación final e deberá realizar unha proba escrita cuxa cualificación se corresponderá co 80% restante da cualificación final. Este
criterio é aplicable ao alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga
uso de dita dispensa. - O traballo tutelado entregarase na data que se indique a inicio do
curso. - No traballo tutelado a avaliación de cada membro do grupo (de ser o caso) variará en función
da súa implicación continua na materia e na elaboración do traballo. - Poden realizarse variacións na composición e número dos membros
dos grupos durante a realización do traballo tutelado sempre negociadas coa
profesora. - Non se admitirán propostas para o traballo unha vez finalizado o
prazo de admisión fixado na documentación complementaria que se entregará na
clase. - A asistencia ás sesións de seguimento volcarase dentro do
traballo tutelado. - As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,
o uso de texto ou ideas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo. - O traballo realizarase seguindo as pautas que se
darán na clase. - Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª oportunidade.
|