Metodoloxías
|
Presentación oral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
A titoría vai ser grupal e individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.
A resolución de problemas, como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a tres titorías. Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización do grupo para que cumpra cos principios do traballo colaborativo. A segunda é de seguimento da tarefa e na terceira teñen que presentar un esbozo de cómo van facer a presentación oral do estudo de caso.
O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación. |
|