Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Inserción e orientación laboral | Código | 652606612 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A19 | Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación e adquisición de coñecementos do ámbito da saber facer profesional. |
10 |
Portafolios do alumno | A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 | Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes desenvolvidas, valora a súa aplicación para o TFM e para o período do Practicum, establece relacións coas aprendizaxes das materias do mestrado, identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación no ámbito da orientación profesional. Na súa valoración utílizase unha rúbrica que ademais de servir de instrumento de avaliación, orienta na realización do portafolios. |
40 |
Presentación oral | C1 C3 | Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade. A presentación será avaliada polo alumnado, para isto o alumnado ten que elelaborar unha rúbrica, a partir de varios exemplos proporcionadas pola profesora ou localizados polo alumnado. |
10 |
Solución de problemas | A18 A20 A21 C1 C3 C7 | Consiste na resolución dun reto a escoller entre unha proposta de catro,: deseñar unha proposta utilizando a aprendizaxe basada en proxectos, a utilización das tecnoloxías dixitais para abordar unha das temáticas da orientación profesional, a integración do enfoque de xénero, e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para o ensino e a aprendizaxe nos módulos da especialidae de FOL. Os criterios de avaliación e d ecualificación daránse a coñecer coa proposta da actividade. |
35 |
Prácticas a través de TIC | C3 | Consiste na creación dun marcador social para a recompilación de recursos dixitais sobre orientación profesional. Esta actividade é común o resto das materias do itinerario, de xeito que se engrandece coa incorporació dos recursos de todas as materias. Con esta actividade tráballanse as competencias dixitais docentes, principalemnte da área de información. | 5 |
Observacións avaliación | |||
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel. CARGA DE TRABALLO A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto é imprescindible unha boa planificación e xestión do tempo. ASISTENCIA A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.
Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.ugr.es/~plagio_hum/ http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/ |