Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Educación artística e a súa didáctica | Código | 652G02015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A53 A54 B11 B13 | Mediante unha proba escrita o alumno deberá dar conta dos contidos das lecturas | 30 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A56 B11 B12 B21 B24 B25 C3 | Avaliación dos proxectos | 70 |
Observacións avaliación | |||
Sen dúbida, existen infinidade de formas e maneiras de avaliar, tantas como metodoloxías de ensino-aprendizaxe. Nesta guía docente plantexouse a educación como un proceso artístico, polo que a avaliación que aquí se plantexa, coherentemente, mana desde esta perspectiva. Deste xeito, tal e como plantexa Eisner (1995: 188), "a avaliación é unha ferramenta educativa mediante a cal pode exercerse a intelixencia profesional en beneficio dos estudantes". Isto ven a demostrar que avaliar é cuestión de dous implicados: estudantes e o profesor, polo que os criterios deben ser reflexionados e acordados en grupo. Ademáis, en ocasións se lles pedirá ao alumnado que elaboren autoavaliacións, mediante unha reflexión persoal e crítica dos procesos que experimentaron. Como se pode intuir, esta materia implica un compromiso forte do estudante co seu propio proceso de aprendizaxe artístico. Deste xeito a asistencia a clase resulta necesaria, non como unha obriga -que tamén o é no espazo europeo de educación superior-, dado que os procesos viviranse na propia aula e o transcurso da materia írase construindo entre todos. A asistencia non é un formalismo, senón que se exise a participación activa e crítica do alumno dentro da aula. Tendo en conta esto, como criterios de calificación, haberá que aprobar todos os proxectos por separado para superar a materia. Na calificación final, a parte da nota media obtida nos tres proxectos, de maneira cualitativa terase MOI EN CONTA o grado de implicación do alumnado, de experimentación, de autoexisencia, de satisfacción persoal así como a capacidade de síntese e reflexiva do estudante ao longo do curso. O alumnado NON presencial (entendendo por tal aquel que pola causa que sexa non poda cumprir coas exisencias de asistencia mínimas) terá dereito a un exame teórico-práctico (NON realizará ningún proxecto), que versará sobre os tres bloques de contidos. Para resolver esa proba o alumno/a conta coa bibliografía existente nesta guía docente. Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |