Descrición xeral |
A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe. Preténdese que o alumnado coñeza, deseñe e experimente con recursos, ferramentas e materiais didácticos que lle sexan de utilidade para a súa formación e para a aplicación no currículo de Educación Primaria.
Preténdese fomentar a creatividade e a autonomía.
Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos e centros de interese. Asi, a materia vana definindo a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexible e aberto.
Realízanse actividades interdisciplinares, obradoiros, saídas culturais, construción activa de temas, etc.
|