Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Orientación ocupacional | Código | 652G03021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Simulación | A3 A5 A8 A9 A14 A18 A21 B1 B4 B6 C3 C7 | Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Criterios de avaliación: a) Integración na fundamentación teórica das temáticas abordadas na análise documental (xustificación no marco institucional ( plans para a igualdade, de inclusión social, etc. ) no que se inscribe o PAS, carácter estrutural da exclusión laboral, o por que, para que e como da integración da perspectiva de xénero, marco institucional no que se inscribe o PAS, factores que dificultan a inserción laboral en colectivos en situación de vulnerabilidade e exclusión social e presenza no colectivo ó que se destina o PAS e caracterización, fases e accións do IPI). b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral, integración da perspectiva de xénero, formulación de obxectivos e contidos, coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación, sinerxia entre as accións e nivel de desenvolvemento das actividades. c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, utilización das normas APA) d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias. |
35 |
Proba mixta | A2 A8 A9 | Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. | 45 |
Prácticas a través de TIC | C3 | Con esta actividade desenvólvense competencias dixitais da área de información (buscar, seleccionar, etiquetar e almacenar). Trátase de crear un marcador social no que se recompilen recursos dixitais de interese para a futura inserción laboral do estudantado e para a praxe da orientación ocupacional. Criterios de avaliación: cantidade de recursos incorporados, etiquetas de clasificación axeitadas e descrición dos recursos. |
5 |
Simulación | B4 B6 | Trátase de que o alumnado desenvolva nas aulas interactivas unha das actividades do programa de orientación que se elabore para o PAS. Criterios de avaliación: coherencia cos obxectivos, nivel e pautas para a súa realización e recursos específicos elaborados. |
15 |
Observacións avaliación | |||
Requisito para superar a materia
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada á proba mixta e á actividade de simulación. Convocatoria de xulloNa As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación individual. Actividades optativasCoa realización de As persoas que, por razóns debidamente acreditadas, non asistan ó 85% das aulas, poden acollerse a unha modalidade Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso Os contidos incluídos nos traballos deben estar Plaxio O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso. Falsificar unha sinatura Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. Copiar nos exames O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso. |