A Psicoloxía Comunitaria é un campo de actuación e investigación relacionada coa psicoloxía social que se ocupa do comportamento humano nos seus contextos sociais inmediatos, comunitarios. Como forma de intervención, ocúpase da prevención dos problemas psicolóxicos con raíces sociais (drogas, exclusión, desintegración social, violencia doméstica e pública, trastorno mental, fracaso escolar, delincuencia xuvenil, etc.). Desde unha perspectiva positiva tamén se ocupa de promover o desenvolvemento humano integral.
Todo elo desde a participación dos receptores das intervencións comunitarias como suxeitos activos (axentes) na intervención.
O seu objetivo principal é estudar os factores psicosociais que permiten desenvolver, fomentar e manter o control e o poder que os individuos poden exercer sobre o seu ambiente individual e social, para solucionar problemas que os afectan e lograr cambios en eses ambientes e na estrutura social.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías