Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas (de desenvolvemento) e preguntas obxectivas (de resposta múltiple, breve, asociación...).
Estudo de casos Comprender, valorar e resolver unha situación específica que formula un problema, a través dun proceso de discusión.
Análise de fontes documentais Análise de documentos relevantes que faciliten e amplíen a comprensión dos conceptos básicos da materia, e permitan a elaboración de pensamentos razoados acerca da intervención socioeducativa.
Portafolios do alumno Documento que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas o que permite visualizar o progreso do alumnado.