Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte das profesoras da materia, guiada por medios audiovisuais para transmitir coñecementos xerais sobre o temario. Terán lugar os mércores de 16:00 a 18:00.
Obradoiro O alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas (tanto na clase como na casa) sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado: Estudo de casos clínicos, debate e discusión de contidos específicos da materia, revisión e análise de artigos científicos seleccionados polas profesoras e relacionados co temario.
Traballos tutelados O alumno realizará un traballo (experimental ou teórico) relacionado co temario baixo a tutela das profesoras. Independentemente do tipo de traballo seleccionado (experimental ou teórico) sempre implicará a revisión de artigos científicos (en español e inglés) sobre o tema, e unha valoración crítica dos mesmos. Ademais os traballos deberán expoñerse na clase co apoio de medios audiovisuais.
Proba de resposta múltiple Proba cuatrimestral escrita que constará de 40 preguntas con 4 opcións de resposta.