Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B9 C1 Exame oral ou escrito, con preguntas, exercicios prácticos ou comentario de texto.

60
Lecturas A25 A31 A35 B1 B3 B4 B15 C3 C8 Lecturas críticas, comentarios, discusións, exposicións e exercicios prácticos que os alumnos deben realizar NA CLASE e subir a moodle no espazo habilitado, seguindo as instrucións do profesor.
Si non se asistiu a clase o día no que se realice a práctica correspondente, NON se poderá entregar a práctica non realizada, a non ser que se xustifique convenientemente e tendo en conta que a súa cualificación será algo menor que si se entrega na clase, posto que o profesor non pode controlar o tempo nin os recursos que o alumno utiliza fora do aula. En todo caso, non poderán pasar máis de 24 hs entre a data da práctica feita en clase e a entrega. Doutra banda, hai que ter en conta que haberá algunhas prácticas, que pola súa metodoloxía non se poderán realizar fora do aula (por exemplo grupos de discusión, debates, presentacións, ete.)

40
 
Observacións avaliación

















O alumno DEBERÁ OPTAR
POR UNHA DAS FORMAS DE AVALIACIÓN que se describen a continuación E
COMUNICARLLO AO PROFESOR a través do mail: mromani@udc  nos 15 primeiros días do inicio das clases e
non poderá cambiar a opción a non ser que sexa de forma xustificada e co
consentimento expreso do profesor. No caso de que o alumno non comunique ao
profesor no prazo establecido a modalidade de avaliación elixida, se evaluará
segundo a SEGUNDA FORMA DE AVALIACIÓN, é dicir, realizará só a proba obxectiva
sobre o 100% da materia.



PRIMEIRA FORMA DE AVALIACIÓN:



-      
Realizar
como mínimo o 25% da parte correspondente a LECTURAS (40%) e presentarse á
PROBA OBXECTIVA (60%). 



-      
Neste
caso sumásense as cualificacións obtidas nas dúas metodoloxías , TANTO NA
OPORTUNIDADE DE XUÑO COMO EN XULLO. 



-      
Si a suma das dúas
metodoloxías non alcanzase o aprobado na oportunidade de xuño, manterase a
cualificación obtida na parte correspondente a "LECTURAS" e sumarase
á cualificación obtida na PROBA OBXECTIVA da oportunidade de Xullo.



-      
É dicir, o alumno que
opte por este sistema de avaliación NON poderá presentarse só á PROBA OBXECTIVA
sobre o 100% nin en xuño nin en xullo.





SEGUNDA
FORMA DE AVALIACIÓN: 



-      
Realizar
só a PROBA OBXECTIVA (100%) tanto na oportunidade de xuño como na de xullo. 


NOTA IMPORTANTE: aqueles alumnos que debido a
situacións particulares non poidan acollerse a ningún destes sistemas de
avaliación, DEBERÁN POÑERSE EN CONTACTO CO PROFESOR NOS 15 PRIMEIROS DÍAS DO
INICIO DA DOCENCIA da asignatura para tratar de adaptar o sistema de avaliación.