Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 B4 B5 B6 Ó final do curso, aqueles alumnos que non realizaran traballo ou que queiran subir a nota obtida no traballo, realizarán unha proba obxectiva na data fixada polo centro. 50
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 Os alumnos que o desexen escollerán un tema de entre os propostos polos profesores da materia. Realizarán un traballo nese tema afondando nos seus conceptos e técnicas para expoñelo posteriormente. Estes traballos serán cualificados e permitirán superar a materia. 50
 
Observacións avaliación

Os traballos serán avaliados e será proposta unha cualificación para a materia. Se o alumno non fai o traballo ou quere obter maior puntuación poderá renunciar á nota do traballo e realizar a proba escrita na 1º ou 2ª oportunidade. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá realizar os traballos para avaliarse da materia e tamén realizar a proba obxectiva final nas condicións anteriormente mencionadas.