Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA | Código | 730G03016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A11 B1 | Realizaranse dúas probas de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, unha con cada parcial. | 20 |
Prácticas de laboratorio | A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 | A súa realización con asistencia e aproveitamento axeitado, terá unha valoración de 6 puntos (se o alumno/a non tivo ningunha falta de asistencia), 5 puntos (se o alumno/a tivo unha falta de asistencia) e en caso de ter 2 ou máis faltas obterá un No Apto, (terá dereito a un exame de prácticas, unha vez que realice o exame final e obteña unha cualificación suficiente nese final). Na última práctica incluiranse uns exercicios de prácticas puntuables dende 0 a 2 puntos máximo, a realizar polos alumnos que obtivesen un aprobado nas prácticas. O aprobado en prácticas é imprescindible para aprobar a materia. A nota obtida nas Prácticas de Laboratorio gárdase para o curso seguinte. |
8 |
Prácticas a través de TIC | A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C4 C5 C6 | Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación. A nota obtida nas Prácticas a través de TIC, non se garda para o curso seguinte. |
15 |
Proba obxectiva | A11 B1 | As probas obxectivas escritas teñen o obxectivo de comprobar se o alumno/a adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. Realizaranse un primeiro parcial durante o curso e un segundo parcial, dentro do exame final. Cada parcial valerá 35 puntos máximo, (terá 25 puntos de proba obxectiva, máis 10 puntos dunha proba de resposta múltiple). Os que suspendesen o primeiro parcial, terán que recuperalo no exame final. O exame de Xullo terá a mesma estrutura. Se algún alumno aproba algún dos dous parciais, durante o curso ou en Xuño, pero non aproba a materia, ese parcial gárdase para Xullo. Os parciais non se gardan para o curso seguinte.? |
50 |
Presentación oral | B4 B7 C3 C5 | Exposición audiovisual dun tema ou parte dun mesmo, cunha información previamente recompilada polo alumno utilizando de xeito preferente as TIC. Realizarase en grupos con número de membros axeitado á tarefa. A nota obtida na Presentación oral, non se garda para o curso seguinte. |
7 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia hai que Que se realizaron e aprobaron as Prácticas de laboratorio e ademais: - Obter polo menos 14 puntos no exame parcial, polo menos 14 no final e que a suma total valla 35 puntos. - No caso de non obter polo menos 14 puntos no exame parcial, deberá repetirse esta parte no exame final e aplicarase o devandito no apartado anterior. No caso de aprobar na convocatoria de xuño una das dúas partes, gardarase ata a convocatoria de xullo. Exemplos Primeiro parcial 14 puntos. Exame final 22 puntos. Total 36 puntos. Apta a parte obxectiva Primeiro parcial 10 puntos. No final repítese o primeiro parcial Primeiro parcial 18 puntos. Exame final 10 puntos. Non apto pero gárdase o primeiro parcial para xullo etc Non se gardará para cursos sucesivos nada que non sexan as prácticas de laboratorio. Tendo en conta que a asistencia e realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, os alumnos e alumnas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, terán que realizar un exame extraordinario de laboratorio, tras a realización do exame da materia na primeira oportunidade. |