Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Organización e xestión da empresa | Código | 730G05007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 | Os traballos tutelados consistirán na realización dun plan de empresa repartido en varias entregas ao longo do curso. | 20 |
Proba obxectiva | A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 | Proba ou probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe. | 70 |
Solución de problemas | A6 B2 B5 B6 C1 C3 C6 | A solución de problemas comprende tanto a realización de problemas, como as prácticas a través de TIC e o estudo de casos. As profesoras elixirán a metodoloxía máis axeitada para o desenvolvemento dos contidos da materia. | 10 |
Observacións avaliación | |||
A materia dividese en duas partes: a primeira parte recolle os bloques I e II e a segunda os bloques III e IV. Os alumnos elixirán ao comezo do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. A avaliación continua supón a asistencia a clase e a realización da solución de problemas e dos traballos tutelados. No caso de avaliación continua: Realizarase unha ou varias probas obxectivas para cada unha das partes. A avaliación de cada parte se realizará de forma independente cos baremos establecidos no recadro anterior. Para a cualificación final da materia requírese aprobar ambas partes e que as probas obxectivas teñan unha nota igual ou superior a 4 puntos No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria e/ou de segunda oportunidade (xullo), gardándose as notas dos traballos tutelados e da solución de problemas ata a convocatoria de segunda oportunidade. No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua, a calificación final será a nota obtida no exame final da convocatoria ordinaria ou de segunda oportunidade. Tendo en ámbolos casos a valoración de 70/100. |