O primeiro día do curso académico coincidente co horario da materia terá lugar unha sesión de presentación da materia, da guía docente e da organización da asignatura, que incluirá a organización dos grupos tanto de seminarios como de prácticas, así como a presentación do calendario do rotatorio. Dita organización (grupos de prácticas) tratará de acordarse, de ser posible, tendo en conta circunstancias específicas do alumnado. Todo o alumnado que non asista á devandita sesión será incluído automaticamente nos grupos nos que por necesidade de equilibrio de composición dos mesmos sexa preciso. Fixaranse unhas datas límite para opción de cambios de grupo. Para asistir ás prácticas clínicas utilizarase a indumentaria asistencial e identificación obrigatoria da Clínica Universitaria de Podoloxía. |