Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Laboratorio de Química 1 | Código | 610G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 | Periódicamente realizaranse probas curtas de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. | 10 |
Prácticas de laboratorio | A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 | Durante a realización das prácticas de laboratorio levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumno, o grao de comprensión das prácticas, actitude, racionalización; avaliaranse tamén as Fichas e o Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías). |
60 |
Proba mixta | A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B3 B2 C1 | Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas. |
20 |
Obradoiro | A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C3 C1 | Avaliación dos conceptos previos que o alumno debe traballar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. No obradoiro de repaso que se realizará ao rematar as prácticas, evaluarase a participación activa do alumno e os conceptos fináis adquiridos. |
10 |
Observacións avaliación | |||
- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria. - Para superar a materia será preciso acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros, proba obxetiva e proba mixta) un mínimo de 5 (sobre 10), sendo tamén condición imprescindible obter un mínimo dun 5 (sobre 10) da cualificación da Proba mixta+Probas obxetivas, e un mínimo dun 5 (sobre 10) da suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio . No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de tódalas actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). - No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio, probas obxetivas e talleres conservaranse na segunda oportunidad de xullo. Nesta segunda oportunidade continuarase aplicando os mesmos criterios que na primeira oportunidade, no obstante a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5 (sobre 10) da puntuación total da probamixta+probas obxetivas para poder superar a materia. - Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta. - Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade". - Polo que se refire ós sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso. - Ao tratarse dunha materia experimental a asistencia a todalas actividades é obrigatorio, polo que para aqueles alumnos que se acollan ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios, na medida do posible, a disponibilidade dos alumnos. A cualificación final para os devanditos alumnos, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, será a anteriormente citada. - No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia. |