Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Química Orgánica 2 | Código | 610G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 | Avaliarase a asistencia, a participación e a calidade das exposicións orais e as solucións escritas dos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao emprego da nomenclatura adecuada para os grupos funcionais dos compostos e os procesos de reacción, asi como a claridade e concreción das explicacións e respostas ás cuestións. | 15 |
Prácticas de laboratorio | A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 | A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valorarase a actitude, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio. |
15 |
Proba mixta | A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 | Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso. |
70 |
Observacións avaliación | |||
A participación nas actividades de avaliación continua (prácticas de laboratorio e talleres) é obrigatoria. Por iso, facilitarase a todos os alumnos a realización das actividades de avaliación continua coa flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, volve comezar cun novo curso, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programados para o devandito curso. Para obter a cualificación de Non Presentado será necesario e suficiente que o alumno non se presentou á proba mixta. Para aprobar a materia será preciso obter en todas as actividades avaliables (proba mixta, prácticas e talleres) unha nota igual ou superior ao 5. Por tanto, para os alumnos cunha nota global igual ou superior a 5 que non alcanzasen a cualificación de 5 nalgunha das actividades avaliables a materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos talleres da 1ª oportunidade manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2º oportunidade os alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá á da proba mixta da 1ª oportunidade. Os alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na 1ª oportunidade. Aos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade facilitaráselles a realización das actividades de avaliación continua (prácticas de laboratorio e talleres) dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continua (prácticas e talleres). O alumnado que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e competencias propias da materia. |